Template:FoP/gl
|
Advertencia: Crese que o suxeito desta imaxe está protexido por dereitos de autoría.
Considérase que fotografar, subir e reutilizar esta obra derivada está permitido baixo as leis dos dereitos de autoría do país no cal se fotografou, posiblemente con algunhas restricións, porque o suxeito está instalado permanentemente nun lugar público. En Alemaña, esta excepción coñécese como Panoramafreiheit; moitos outros países teñen excepcións similares, das cales se fala na Wikimedia Commons como "liberdade de panorama" (en inglés). A liberdade de panorama non é válida en todos os países e a miúdo só se aplica ás fotografías de edificios que están situados permanentemente en lugares públicos. Algúns países poden aplicar a liberdade de panorama máis amplamente. Pode ou non estenderse a esculturas e/ou a obxectos que non están nun "lugar público" pero si "nun lugar ó que o público pode acceder". O uso permitido desta fotografía, de habelo, depende das leis do país de creación e tamén pode depender das leis do país no cal a obra derivada se vai usar. Consulte Commons:Freedom of panorama para obter información detallada por países. Antes de reutilizar este contido, asegúrese de ter o dereito de usalo. Vostede é o único responsable de asegurarse de non infrinxir os dereitos de autoría doutra persoa. Consulte a nosa advertencia xeral (en inglés) para obter más información. Se engadiu este modelo á páxina de descrición dunha imaxe, lembre que en moitos casos debe ir acompañada dun recoñecemento da fonte (en inglés). |